Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42157

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 10 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 9 de agosto de 2013 (DOG nº 160, do 23 de agosto), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 9 de agosto de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino os funcionarios están gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente prestan os seus servizos os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. Os xefes dos centros en que causen baixa os funcionarios, así como o daquel en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de
posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Veiga Aguiar, Fernando.

NRP: 3332876402 A2066.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia-escala de enxeñeiros de montes.

Denominación do posto: Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais.

Código: MR.301.00.001.15770.045.

Nivel: 28.

Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Moure Acuña, María Lina.

NRP: 3333083346 A2066.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia-escala de enxeñeiros de montes.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo do Medio Forestal.

Código: MR.301.00.001.15770.055.

Nivel: 28.

Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Barreiro Filgueira, Alfonso.

NRP: 4407697557 A2052.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio de la Xunta de Galicia-escala de enxeñeiros técnicos forestais.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Planificación Preventiva.

Código: MR.301.00.002.15770.040.

Nivel: 28.

Dependencia: Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

Localidade: Santiago de Compostela