Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42163

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 19 de setembro de 2013 pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de persoal estatutario fixo da categoría de pinche de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na intranet do centro e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte (20) días hábiles desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 3 de outubro de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras