Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42132

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 160/2013, do 10 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade dun resto da estrada autonómica OU-531 en prol do Concello de Cortegada.

Segundo o teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 54 que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas, se entregarán aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os organismos.

O Concello de Cortegada solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade dun resto da estrada OU-531 entre o p.q. 45+380 MD e o p.q. 45+470 MD, así como do terreo asociado ao dito resto no lugar de Refoxos.

Ao abeiro das previsións legais, a Área de Planificación e Programación da Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable ao cambio de titularidade do resto da estrada OU-531 entre o p.q. 45+380 MD e o p.q. 45+470 MD e a cesión do terreo contido entre a estrada OU-531 e a variante que se transfire.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, despois do acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de outubro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade en prol do Concello de Cortegada do resto da estrada OU-531 entre o p.q. 45+380 MD e o p.q. 45+470 MD e a cesión do terreo contido entre a estrada OU-531 e a variante que se transfire.

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais, no marco das súas competencias, e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. De acordo co exposto, o Concello de Cortegada debe incorporar ao seu plan de estradas a vía a que se refire este decreto.

Artigo 3

A entrega da vía formalizarase, no prazo de dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponden ao Concello de Cortegada, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de outubro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas