Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (declaración de insolvencia 145/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 145/2013, por instancia de Jacinto Carbajal Massó contra a executada Club Baloncesto Pío XII, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 4 de outubro de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 3.600 euros de principal, máis 346,19 de xuros de mora, máis 394,61 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013

A secretaria xudicial