Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de outubro de 2013 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento duns inmobles en Santiago de Compostela e Padrón, en primeira e cuarta poxa, e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Mediante as ordes desta Consellería de Facenda do 10 de agosto e do 10 de setembro de 2012, así como do 11 de abril e 5 de xullo de 2013 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, duns inmobles situados en Santiago de Compostela e Padrón.

Logo de publicarse o 20 de agosto de 2013 no Diario Oficial de Galicia, número 157, e nun xornal de ampla difusión (El Correo Gallego do mesmo día), o Anuncio do 24 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 17 de setembro de 2013 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A José García Fraga, polo prezo de 994,18 euros, a parcela nº 360, Besada, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 325 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Andrés Gil Seoane; leste, Consuelo Pérez Seoane; e oeste, con Manuel Seoane Casal. Referencia catastral: 15079E503003600000DZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.940, tomo 1.202, libro 244 e folio 189.

2. A José Otero González, polo prezo de 162.500 euros, o predio urbano número 11, piso 3º B, no terceiro andar dunha casa sen número (na actualidade nº 26), situada na rúa da Rosa desta cidade de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión de 79 m2, está distribuído en vestíbulo, comedor-estar, 3 dormitorios, cociña, baño e aseo, e linda: polo norte ou dereita entrando na casa, co piso 3º A, nº 10, e nunha pequena parte coa caixa da escaleira; polo sur ou esquerda, co piso 3º C, nº 12; polo leste ou fronte da casa, nunha pequena parte co piso 3º A, nº 10, e no resto coa rúa da Rosa; e polo oeste ou fondo, nunha pequena parte, co piso 3º C, nº 12, noutra parte cun patio de luces, e no resto coa caixa das escaleiras. Ten anexo o rocho sinalado co nº 4, existente no faiado. Atribúeselle unha cota de participación en relación co valor total do inmoble do 2,48 por cento. Referencia catastral: 7169309NH3476G0014TP. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio nº 45.269, tomo 1.565, libro 500 e folio 123.

3. A José García Fraga, polo prezo de 5.934 euros, a parcela nº 453-2, Ramalleira, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 11.411 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuela Nieto González e outros, canle de rega que a separa de José Seoane Casal; sur, Antonio Noya Cobey e saída a camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Manuela Nieto González e outros; e oeste, Bernardo Gómez Nieto e Manuela Nieto González e outros. Referencia catastral: 15079E503010160000DY. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.942, tomo 1.202, libro 244 e folio 190.

4. A Severino Couselo Chenel, polo prezo de 6.300 euros, a parcela nº 903, Sangriñeira, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.277 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Liste Mansilla; leste, Carmen Otero García; e oeste, Laureano Fernández Barreiro. Referencia catastral: 15079A505009030000FM. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.948, tomo 1.202, libro 244 e folio 193.

5. A Manuel Montero Pérez, polo prezo de 15.200 euros, a parcela nº 565, Mira de Arriba, situada en San Fiz de Fóra (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.412 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuel Cobas de la Iglesia; sur, con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño, José Carballido Juncal e Manuela Antelo Fandiño; leste con camiño construído polo Servizo de Concentración parcelaria e Magdalena Fandiño Otero; e oeste con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño e José Carballido Juncal. Referencia catastral: 15079A507005650000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio 25.575, tomo 1.237, libro 244 e folio 116.

6. A José Antonio Esparís Abaña, polo prezo de 2.100 euros, a parcela nº 230, Segade, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.706 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Rego Abaña e outros; sur, zona excluída; leste, Ramón Gens Rey; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066E503002300000LS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.634, tomo 487, libro 110 e folio 78.

7. A Gabriel Vilas Miguéns, polo prezo de 300 euros, a parcela nº 322, Agroxoi, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 495 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con María Lapido Díaz e outros; sur, José González Cereijo, canle de rega no medio; leste, camiño, canle de rega no medio; e oeste, regato que o separa de Manuela Prado Sampedro. Referencia catastral: 15066B503003220000FJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.638, tomo 487, libro 110 e folio 82.

8. A Mª del Carmen Mariño Mourelos, polo prezo de 900 euros, a parcela nº 485, Sobrán, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 780 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada da Coruña-Vigo e ferrocarril de Santiago-Vigo; sur, Manuela García Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo; e oeste, ferrocarril de Santiago-Vigo. Referencia catastral: 15066B503004850000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.642, tomo 487, libro 110 e folio 86.

9. A Silvia Sánchez Reboiras, polo prezo de 3.900 euros, a parcela nº 534, Molladiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.402 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Obdulia Sánchez Abullo; sur, José González Rodríguez; leste, camiño existente; e oeste, José Estévez Seage. Referencia catastral: 15066B503005340000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.644, tomo 487, libro 110 e folio 88.

10. A Manuel Suárez Cambre, polo prezo de 2.000 euros, a parcela nº 579, Devesiños de Abaixo, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.210 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, María Aboy Prada; sur, José María Pose Blanco; leste, Ramón Cajaraville Pose, canle de rega en medio; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005790000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.650, tomo 487, libro 110 e folio 94.

11. A Antonio Esparís Calvo, polo prezo de 25.600 euros, a parcela nº 584, Quinteiro, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.091 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Ramón Pose Blanco; leste, canle de rega que a separa de María Reboredo García, descoñecidos e outros predios; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005840000FU. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.652, tomo 487, libro 110 e folio 96.

12. A Ramón Aboy Caneda, polo prezo de 3.700 euros, a parcela nº 590, Chalín, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.215 m2 que, segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con zona excluída; sur, camiño existente, canle de rega no medio; leste, José Aboy Blanco; e oeste, con zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005900000FA. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.654, tomo 487, libro 110 e folio 98.

13. A Ramón Villaverde Pazos, polo prezo de 1.500 euros, a parcela nº 598, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.199 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, José Tojo Blanco e outro, Manuela Cajaraville Pose e Digna Iglesias Souto; sur, Josefina Villaverde Sánchez; leste, camiño; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005980000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.656, tomo 487, libro 110 e folio 100.

14. A Alejandro Sánchez Conde, polo prezo de 5.500 euros, a parcela nº 603, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.055 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Aurora Lavandeira Vázquez, zona excluída e María del Carmen Iglesias Ferrín e outros; sur, zona excluída; leste, Digna Iglesias Souto, María del Carmen Iglesias Ferrín e outros e saída a camiño; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503006030000FR. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.658, tomo 487, libro 110 e folio 102.

15. A Mª del Pilar González Rodríguez, polo prezo de 7.100 euros, a parcela nº 633, Agro de Barreiros, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.214 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Ferrín Iglesias, canle de rega no medio e Manuela Aboy Prada; sur, camiño; leste, María Pose Blanco e José Laboráns Martínez; e oeste, Antonio Iglesias Díaz. Referencia catastral: 15066B503006330000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.660, tomo 487, libro 110 e folio 104.

16. A Francisco Quintá Cortiñas, polo prezo de 3.000 euros, a parcela nº 681, Fochacos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.657 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño e canle de rega no medio; sur, José Gómez Espasandín, canle de rega que a separa de Josefa Beis García, e predio nº 690; leste, María Ferreira Capeáns; e oeste, Soledad Zumalave Zumalave, Victoria Oseiro Leis e Antonio Iglesias Souto. Referencia catastral: 9287617NH2398N0001GL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.662, tomo 487, libro 110 e folio 106.

17. A Javier Sánchez Conde, polo prezo de 3.200 euros, a parcela nº 817, Pelamio, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.023 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada Vigo á Coruña; sur, Maximino Zumalave Díaz; leste, Anacleto Angueira Rodríguez e outros; e oeste, con río. Referencia catastral: 15066B503008170000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.668, tomo 487, libro 110 e folio 112.

18. A Manuel Rego Nimo, polo prezo de 8.100 euros, a parcela nº 1.116, Bouza, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.114 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Landeira Iglesias, Isolina González Díaz e José Arca Rois; sur, con camiño; leste, camiño e Ramón Manuel Mirón Ribas; e oeste, Manuel Castro García e camiño. Referencia catastral: 15066F503011160000DP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.686, tomo 487, libro 110 e folio 130.

19. A Francisco Quintá Cortiñas, polo prezo de 2.500 euros, a parcela nº 682, Fochancos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.626 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Victoriano Caeiro Lens; leste, Comunidade Autónoma de Galicia; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 9287616NH2398N0001YL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.507, tomo 765, libro 170 e folio 6.

Segundo. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:

1. Parcela nº 59, Agro de Pazos, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.584 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño existente; sur, zona excluída; leste, zona excluída; e oeste, con José Ramón Iglesias Miguéns. Referencia catastral: 15079C502000590000WS. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 23.014, tomo 1.203, libro 245 e folio 1.

Tipo de licitación primeira poxa: 6.973,63 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 5.927,59 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 4.881,54 euros.

2. Parcela nº 157, Pedra Miralles, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 25.180 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Igrexa Católica; sur, zona excluída; leste, Francisca Castro Castro e outros; e oeste, con camiño público. Referencia catastral: 15079C503201570000WF. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.928, tomo 1.202, libro 244 e folio 183.

Tipo de licitación primeira poxa: 18.476,01 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 15.704,61 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 12.933,21 euros.

3. Parcela nº 187, Lagos, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 13.934 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída e camiño público; sur, María Josefa Iglesias Pérez; leste, zona excluída; e oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15079C503001870000WK. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.930, tomo 1.202, libro 244 e folio 184.

Tipo de licitación primeira poxa: 10.224,17 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 8.690,54 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 7.156,92 euros.

4. Parcela nº 199, Rodeiro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 29.360 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Felisa Liñares Guillén e outros; sur, Igrexa Católica; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con camiño. Referencia catastral: 15079C503001990000WU. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.932, tomo 1.202, libro 244 e folio 185.

Tipo de licitación primeira poxa: 21.543,12 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 18.311,65 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 15.080,18 euros.

5. Parcela nº 254, Chan dos Montes, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 19.610 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Luís García Miramontes e outros; leste, zona excluída; e oeste, con Josefa Bastón García e outro. Referencia catastral: 15079D503002540000LD. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.936, tomo 1.202, libro 244 e folio 187.

Tipo de licitación primeira poxa: 14.388,98 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 12.230,63 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 10.072,29 euros.

Terceiro. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; Diario Oficial de Galicia nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda