Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 14 de outubro de 2013 polo que se notifican resolucións ditadas na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declaran desistidos/as na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia os/as interesados/as que se indican no anexo.

Logo de tentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos/as interesados/as para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» logo dos dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalles aos/ás interesados/as que se indican no anexo a resolución antes referida.

Os/as interesados/as poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que os/as interesados/as comparezan, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 14 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Javier Rial González.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: David Neira Muñiz.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Guadalupe Aira García.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Eva Abadín Cid.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Aitana Cajoto Castillo.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Nahila Iglesias Castrillo.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.