Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de soporte técnico e mantemento do proxecto SIXAP (Sistema Integrado de Xestión de Atención Primaria), e do seu desenvolvemento para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde (AB-SER1-13-023).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-13-023.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte técnico e mantemento do proxecto SIXAP (Sistema Integrado de Xestión de Atención Primaria), e do seu desenvolvemento para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4 e 72267000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 97, do 23 de maio de 2013.

Boletín Oficial del Estado nº 129, do 30 de maio de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2013/S 090-153211, do 10 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.872.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 936.000 euros. Importe total: 1.132.560 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 12.8.2013.

b) Data de formalización: 1.9.2013.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 842.400 euros. Importe total: 1.019.304 euros.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos