Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de setembro de 2013, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Varaderos Vibu, S.L. por Resolución do 27 de novembro de 1990.

Con motivo da solicitude das obras de ampliación da nave destinada a taller de carpintaría e almacén, o presidente de Portos de Galicia resolve iniciar a tramitación da modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Varaderos Vibu, S.L. por Resolución do 27 de novembro de 1990, con destino a varadoiro de buques de ata 500 toneladas de desprazamento en rosca no porto de Burela.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de setembro de 2013

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia