Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 14 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, polo que se lles notifica a resolución recaída na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se aproba a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia dos/as interesados/as que se indican no anexo.

Logo de tentar a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo/a interesado/a para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «descoñecido/a».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalles ao/á interesado/a que se indican no anexo a resolución antes referida.

O/a interesado/a pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer o/a interesado/a, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o/a interesado/a compareza, un recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro, e BOE número 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 14 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Jonathan Quintas García.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Samia Zahidi.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.