Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (186/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 186/2011, por instancia de Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Pimiamite, S.L., Silvana Novais de Jesús, Mihai e Cleidilene Sardinha Lisboa e María José Villasuso, Andrea Alves Sousa Oliveira e Kates Aslha, sobre procedemento de oficio nos que recaeu sentenza, con data do 8.11.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido.

Estímase a demanda de oficio formulada pola Inspección de Traballo e Seguridade Social fronte á empresa Pimiamite, S.L. e, en consecuencia:

Declárase que a relación existente entre Pimiamite, S.L. e Silvana Novais de Jesús, Mioara Mihai, Cleidilene Sardinha Lisboa, María José Villasuso Villaverde, Andrea Alves Sousa Oliveira e Kates Ashla ten carácter laboral.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Mioara Mihai e Kates Ashila, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

A secretaria xudicial