Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se modifica a Resolución do citado órgano, do 3 de setembro de 2013, pola que se anuncia a contratación do servizo de desenvolvemento e fase de demostración dun sistema integral de xestión de doentes denominado Innovasis (AB-SER1-13-066).

Respecto do anuncio de licitación publicado no DOUE o 14 de setembro de 2013 e da Resolución da Dirección de Recursos Económicos, do 3 de setembro de 2013, publicada no BOE do 18 de setembro e no DOG do 10 de setembro, cómpre facer as seguintes modificacións:

Data límite de presentación de ofertas: o día 21 de novembro de 2013.

A apertura do sobre B terá lugar o décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas, ás 9.00 horas na sala 2.1 do Edificio Administrativo San Lázaro.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos