Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun servizo para a realización da xestión, coordinación e desenvolvemento de accións formativas implementadas no programa Cisco Networking Academy, certificación da formación, realización dun estudo ocupacional específico e de situación e evolución de solucións formativas e certificacións e realización de tres seminarios técnicos dirixidos a profesionais e empresarios en relación coa tecnoloxía Cisco, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado (expediente 2013.29.EF.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2013.29.EF.A.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a realización da xestión, coordinación e desenvolvemento de accións formativas implementadas no programa Cisco Networking Academy, certificación da formación, realización dun estudo ocupacional específico e de situación e evolución de solucións formativas e certificacións e realización de tres seminarios técnicos dirixidos a profesionais e empresarios en relación coa tecnoloxía Cisco.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

e) Prazo de execución/entrega: desde a data de formalización do contrato ata o 30 de xuño de 2014.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: sesenta e nove mil oitocentos euros (69.800,00 €).

5. Orzamento base de licitación: o importe total deste contrato é de sesenta e nove mil oitocentos euros (69.800,00 €), exento de IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido distribuídos do seguinte xeito:

Ano 2013: 16.900,00 €.

Ano 2014: 52.900,00 €.

As actividades obxecto desta contratación están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e emprego 2007ESO5UPO0001 período de programación 2007-2013.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 5.3.1.f) e g) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo será de 15 días naturais desde a publicación do anuncio.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña de texto publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19628

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar