Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 10 de outubro de 2013, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2007, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Dygra Films, S.L., en relación coa subvención percibida «Produción da longametraxe de animación Noite de paz», financiada con fondos propios.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente faise saber:

1. Que, tentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Dygra Films, S.L., non foi posible practicala.

2. Que, por medio deste anuncio ponse de manifesto que Dygra Films, S.L. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Dygra Films, S.L.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivese comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións