Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha industria conserveira no polígono industrial A Rega (Cuíña).

Licenza de apertura. Expediente 2013/U005/000004.

Neste concello tramítase expediente para a concesión da licenza de apertura seguinte:

Actividade: industria conserveira.

Situación: parcela 97 do polígono industrial A Rega-Cuíña (Ortigueira).

Solicitante: Conservas Mar de Ardora, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un período de vinte días hábiles, contados desde a última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, co fin de que as persoas que se consideren afectadas pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións e alegacións que xulguen oportunas.

Ortigueira, 30 de setembro de 2013

Rafael Girón Martínez
Alcalde