Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre instalación dun almacén fiscal de hidrocarburos no polígono industrial de Bértoa.

Anuncio de apertura sometida a avaliación ambiental.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un período de vinte días, a seguinte actividade:

Expediente: 61/2012.

Actividade: instalación dun almacén fiscal de hidrocarburos.

Situación: parcela E-2A do polígono industrial de Bértoa, Carballo.

Solicitante: Bergansol, S.L., representada por María del Carmen Rodríguez Vilanova.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 24 de setembro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde