Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración dun grupo electróxeno para o CPD integral da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 22/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 22/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dun grupo electróxeno para o CPD integral da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: ao inicio do contrato o adxudicatario deberá realizar un estudo de localización e montaxe do grupo electróxeno no espazo dispoñible no CPDi, e dos requirimentos para o seu conexionado e infraestrutura existente.

Por iso, o prazo de entrega da subministración obxecto deste contrato será de 3 meses contados desde o momento en que a Amtega notifique ao contratista da posibilidade de facer efectiva esta subministración, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que se subministrarán deberán estar instalados, configurados e postos en produción. Esta notificación realizarase utilizando a forma de notificación habitual.

O período que transcorre entre a data de formalización do contrato e a notificación da posibilidade de facer efectiva esta subministración será, en todo caso, inferior a 9 meses, e non debe de interpretarse como unha suspensión do contrato nos termos establecidos no artigo 220 do TRLCSP.

A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 269.554,55 €, máis 56.606,46 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 326.161,01 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e nun 20 % co Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19701

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13.11.2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Enderezo: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás.

3. Localidade e código postal: 15781, Santiago de Compostela.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de los anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 24.1.2013.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 15.10.2013.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia