Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013096TA-OU, incoado por infracións en materia sanitaria.

O 26 de xullo de 2013, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013096TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade a Pérez Pena, Maico Arbelt NIF Y0628980J, propietario do café bar Sin Sol con domicilio na rúa Julio Rodríguez Soto, 1 esq., 32500 O Carballiño (Ourense).

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Pérez Pena, Maico Arbelt NIF Y0628980J, propietario del café bar Sin Sol con domicilio na rúa Julio Rodríguez Soto, 1 izq., 32500 O Carballiño (Ourense), o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do departamento sito na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de setembro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013096TA-OU.

Denunciado: Pérez Pena, Maico Arbelt, propietario del café bar Sin Sol.

Documento de identificación: NIF Y0628980J.

Último enderezo coñecido: rúa Julio Rodríguez Soto, 1 esq., 32500 O Carballiño (Ourense).

Feitos imputados: infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos e tipificación: artigos 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).