Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (161/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 161/2013, por instancia de José Manuel Aldao Varela contra as empresas Eurogranit, S.A., Lista Granit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Control Art, S.L., Heldt Invest, S.L., Construcciones Lista Kristensen, S.L. e Granitos y Mármoles El Port, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 20 de setembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido.

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Manuel Aldao Varela contra Eurogranit, S.A., Lista Granit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Control Art, S.L., Heldt Invest, S.L., Construcciones Lista Kristensen, S.L. e Granitos y Mármoles El Port, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Absólvense Eurogranit, S.A., Lista Granit, S.A., Control Art, S.L., Heldt Invest, S.L., Construcciones Lista Kristensen, S.L. e Granitos y Mármoles El Port, S.L. das pretensións efectuadas contra elas.

– Declárase improcedente o despedimento de José Manuel Aldao Varela efectuado por Granitos de La Coruña, S.A.

– Condénase a Granitos de La Coruña, S.A. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 15.762,18 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución ascenden a 12.036,57 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 44,09 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Granitos y Mármoles El Port, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial