Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41173

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e mestres de taller de artes plásticas e deseño nas especialidades que se especifican no punto primeiro deste anuncio.

Primeiro.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para os seguintes corpos e especialidades:

Corpo de profesores de ensino secundario.

Especialidade

Titulación exixida

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal (590103)

– Licenciado en:

• Química.

• Bioquímica.

• Farmacia.

• Bioloxía.

• Medicina.

– Enxeñaría Química.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Hostalaría e Turismo (590106)

– Diplomado en:

• Turismo.

• Empresas e Actividades Turísticas.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Procesos de Produción Agraria (590115)

– Enxeñaría técnica:

• Agrícola.

• Forestal.

• Montes.

– Todas as titulacións superiores das anteriormente citadas.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo

Europeo de Educación Superior).

Procesos na Industria Alimentaria (590116)

– Diplomado en Nutrición Humana e Dietética.

– Enxeñaría Técnica Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias.

– Todas as titulacións superiores das anteriormente citadas.

– Licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos (590117)

-Licenciado en:

• Bioquímica.

• Farmacia.

• Bioloxía.

• Medicina.

• Odontoloxía.

• Veterinaria.

–Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Procesos Sanitarios (590118)

– Licenciado en:

• Bioquímica.

• Farmacia.

• Bioloxía.

• Medicina.

• Odontoloxía.

• Veterinaria.

– Diplomado en:

• Enfermaría ou equivalente.

• Fisioterapia.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel (590120)

– Enxeñaría Téxtil.

– Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade Téxtil.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Sistemas Electrónicos (590124)

– Diplomatura en Radioelectrónica Naval.

– Enxeñaría técnica:

• Aeronáutica, especialidade en Aeronavegación.

• Informática de Sistemas.

• Industrial, especialidade en Electricidade, especialidade Electrónica Industrial ou especialidade Enerxética.

• Telecomunicacións.

• Electrónica.

– Todas as titulacións superiores das anteriormente citadas.

– Licenciatura en Física, especialidade:

• Electrónica.

• Optoelectrónica.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos (590125)

– Diplomado en Radioelectrónica Naval.

– Enxeñaría técnica:

• Aeronáutica, especialidade en Aeronavegación.

• Informática de Sistemas.

• Industrial, especialidade en Electricidade, especialidade en Electrónica Industrial, especialidade Enerxética.

• Telecomunicacións.

• Electrónica.

– Todas as titulacións superiores das anteriormente citadas.

– Licenciatura en Física, especialidade Electrónica.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Especialidade

Titulación

Instalacións e Mantemento de Equipamentos Térmicos e Fluídos (591205)

– Enxeñaría técnica:

• Aeronáutica.

• Industrial.

• Minas.

• Telecomunicacións.

• Naval.

• Agrícola.

• Obras Públicas.

• Química.

– Diplomatura en Máquinas Navais.

– Todas as titulacións superiores das anteriormente citadas.

– Licenciatura en Físicas.

– Enxeñaría:

• Automática e Electrónica Industrial.

• Organización Industrial.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Mecanizado e Mantemento de Máquinas (591211)

– Enxeñaría técnica:

• Aeronáutica, especialidade en Aeronaves e especiadidade en Equipamentos e Materiais Aeroespaciais.

• Industrial.

• Minas.

• Agrícola, especialidade en Explotacións Agropecuarias, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias, especialidade en Mecanización e Construcións Rurais.

• Obras Públicas, especialidade en Construcións Civís.

• Deseño Industrial.

• Naval, especialidade en Estruturas Mariñas e especialidade en Propulsión e Servizos do Buque.

– Diplomatura en Máquinas Navais.

– Todas as titulacións superiores das anteriormente citadas.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

– Técnico superior en Produción por Mecanizado.

– Técnico especialista en:

• Montaxe e Construción de Maquinaria.

• Micromecánica de Instrumentos.

• Instrumentista en Sistemas de Medida.

• Utensilios e Montaxes Mecánicos.

• Mecánico de Armas.

• Fabricación Mecánica.

• Máquinas-Ferramentas.

• Matrizaría e Moldes.

• Control de Calidade.

• Micromecánica e Reloxaría.

Patronaxe e Confección (591217)

– Técnico superior en:

• Procesos de Confección Industrial.

• Patronaxe.

– Técnico especialista en:

• Confección Industrial de Pezas de Roupa Exterior.

• Confección Industrial de Pezas de Roupa Interior.

• Confección a Medida de Señora.

• Produción en Industrias da Confección.

• Xastraría e Modistaría.

• Confección de Tecidos.

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219)

– Licenciado en:

• Bioquímica.

• Farmacia.

• Bioloxía.

• Medicina.

• Odontoloxía.

• Veterinaria.

– Diplomado en:

• Enfermaría ou equivalente.

• Fisioterapia.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Procedementos Sanitarios e Asistenciais (591220)

– Licenciado en:

• Bioquímica.

• Farmacia.

• Bioloxía.

• Medicina.

• Odontoloxía.

• Veterinaria.

– Diplomado en:

• Enfermaría ou equivalente.

• Fisioterapia.

–Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Servizos de Restauración (591226)

– Técnico superior en Restauración.

– Técnico especialista en Hostalaría.

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Especialidade

Titulación

Alemán (592001)

– Licenciado en:

• Filoloxía Xermánica.

• Tradución e Interpretación ou Lingüística, sempre que se cursase alemán como primeira lingua estranxeira.

Corpo de profesores de música e artes escénicas.

Especialidade

Titulación (as titulacións do punto 1º terán preferencia sobre as do punto 2º)

Guitarra (594414)

1º:

– Título de profesor superior nesta especialidade (Decreto 2618/1966).

– Título superior de Música na especialidade de Pedagoxía, opción Pedagoxía do Instrumento Guitarra (Real decreto 617/1995).

– Título superior de Música nesta especialidade (Real decreto 617/1995).

2º:

– Título de profesor nesta especialidade (Decreto 2618/1966) ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Trompa (594424)

1º:

– Título de profesor superior nesta especialidade (Decreto 2618/1966).

– Título superior de Música na especialidade de Pedagoxía, opción Pedagoxía do Instrumento Trompa (Real decreto 617/1995).

– Título superior de Música nesta especialidade (Real decreto 617/1995).

2º:

– Título de profesor nesta especialidade (Decreto 2618/1966) ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Especialidade

Titulación

Técnicas de Gravado e Estampación (596614)

Titulación de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño, especialidade de Gravado e Técnicas de Estampación, obtido seguindo os correspondentes currículos oficiais das comunidades autónomas, establecidos ao abeiro do Real decreto 1386/1995, do 4 de agosto (BOE do 18 de setembro) e na Comuniade Autónoma de Galicia conforme o Decreto 71/2002, do 14 de febreiro (DOG do 14 de marzo).

Segundo.

Para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores técnicos de formación profesional:

1. Ademais do requisito de titulación, deberá acreditarse formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e, polo tanto, estar en posesión do correspondente título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos de verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

2. Non será necesaria a posesión do citado título oficial de máster antes mencionado para o solicitante que acredite estar en posesión, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, dalgún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica, do certificado de cualificación pedagóxica ou do certificado de aptitude pedagóxica.

b) Estar en posesión dun título universitario oficial que habilite para o exercicio da profesión de mestre, ou dun título de licenciado en Pedagoxía ou Psicopedagoxía, así como calquera outro título de licenciado ou outra titulación declarada equivalente que inclúa formación pedagóxica e didáctica.

c) Ter impartido docencia durante un mínimo de 12 meses en centros públicos ou privados de ensino regrado, debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro. Esta experiencia docente acreditarase mediante certificación da dirección do centro, co visto e prace da Inspección educativa.

3. De conformidade coa Orde ECD/1058/2013, do 7 de xuño, pola que se modifica a Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro, pola que se establece a formación equivalente á formación pedagógica e didáctica, non será necesaria a posesión do citado título oficial de máster antes mencionado para os solicitantes das especialidades de Mecanizado e Mantemento de Máquinas (591211), Patronaxe e Confección (591217) e Servicios de Restauración (591226).

4. Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Terceiro. Prazo de solicitude

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se opte por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Modelo de solicitude

O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (profesorado-xestión de profesorado).

Quinto. Comisión baremadora

A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial Docente non Universitaria.

Sexto. Requisitos dos candidatos e candidatas

a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.

b) Para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores técnicos de formación profesional, estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica que se sinala no punto segundo deste anuncio.

c) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Sétimo.

O baremo, de acordo coa adenda asinada cos sindicatos da Mesa Sectorial Docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 31 de xullo de 2013, Diario Oficial de Galicia do 12 de agosto), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos