Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-CO-0011/2013-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos procedementos.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, caberá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013

P.S. (Disposición adicional primeira do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro;
Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente nº: ANP-CO-0011/2013-V.

Interesado: Francisco Javier Santiago Pier.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Derradeiro enderezo coñecido: Grupo Santa Cristina, bloque 7, vivenda 193, 15009 A Coruña.

Expediente nº: ANP-CO-0025/2013-V.

Interesado: Víctor Alfonsín Alves.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Derradeiro enderezo coñecido: Santuario de Santa Gema, 4, 2º R, 15006 A Coruña.

Expediente nº: ANP-CO-0052/2013-V.

Interesado: Martín García Tomé.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Derradeiro enderezo coñecido: Monumento, 3, 2º A, 15960 Ribeira (A Coruña).

Expediente nº: ANP-CO-0053/2013-V.

Interesado: Ángel Viqueira Souto.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Derradeiro enderezo coñecido: travesía de Oseiro, 34, 1º dereita, 15141 Arteixo (A Coruña)