Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Capela (expediente IN407A 2013/131).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Cabalar, S.L.

Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: LMTA, 15 kV CS e T 100 kVA RBTA Buíña.

Situación: A Capela

Características técnicas:

Líña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,208 km, con orixe e final nos PA do apoio (para substituír por C AE 18/4500 T40R) número 10 da liña LMT Barreiro-Goente (expediente 51.179), en condutor 2*RHZ1-2OL 12/20 kV- 3×(1×150) Al, unha vez entre e saia do centro de seccionamento/transformación proxectado.

Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,208 km, con orixe no centro de seccionamento/transformación proxectado e remate nos PA do apoio (para substituír por C AE 18/4500 T40R) número 10 da liña LMT Barreiro-Goente (expediente 51.179), onde se conectará a LMT A Grúa (expediente 50.706), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV- 3×(1×95) Al.

Centro de secionamento/transformación prefabricado, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, disposición 2L+2P.

Rede de baixa tensión aerosubterránea para conexión da actual RBT Buíña desde o seccionamento/transformación proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña