Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40959

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e Concello de Poio

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Combarro-Poio no seu conxunto e a ordenación do tráfico na vía de acceso

3.3.2013

Non ten

Portos de Galicia, Concello do Grove, Deputación de Pontevedra, Axencia Turismo de Galicia, SX para o Deporte, Patronato do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, Red Eléctrica de España e Clube Náutico de San Vicente

Protocolo de intencións para a dinamización turística da provincia de Pontevedra a través da VI Regata Illas Atlánticas

11.4.2013

Non ten

Portos de Galicia e Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia)

Protocolo con motivo da asistencia de ambas as entidades ao Salón Náutico Grand Pavois 2013-La Rochelle (Francia)

6.6.2013

10.956,22 €

Portos de Galicia e Concello de Ortigueira

Execución da obra de acondicionamento da explanación recentemente formada como consecuencia do proxecto de remodelación das instalacións náutico-deportivas do porto de Ortigueira

14.6.2013

Non ten

Portos de Galicia, Concello de Outes e Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Celebración do XI encontro de embarcacións tradicionais de Galicia no porto do Freixo no concello de Outes

26.6.2013

Non ten

Portos de Galicia e Unipublic, S.L.

Promoción dos portos autonómicos con motivo da localización de etapas da volta ciclista a España 2013 en Pontevedra

1.7.2013

Non ten

Portos de Galicia e Asociación Cultural e Veciñal do Carme de Vilanova de Arousa

Instalación dunha estatua da Virxe do Carme no porto de Vilanova de Arousa

26.7.2013

Non ten

Portos de Galicia e Concello de Moaña

Uso, mantemento e conservación dun edificio no porto de Meira para actividades deportivas, culturais, recreativas e formativas vinculadas con actividades marítimas e portuarias

29.7.2013

Non ten