Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 24 de setembro de 2013, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-08.13, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-08.13, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2013

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-08.13.

Interesada: Áridos Ecológicos, S.L.U.

Último enderezo coñecido: lugar de Reigosa, 43, Tourón, 36828 Ponte Caldelas.

Feitos imputados: vertedura de entullos na área de exclusión do petróglifo da Raña.

Tipificación: art. 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: art. 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.