Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2013/18-2, 8101 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello de Sarria.

Domicilio social: r/ Maior, 14, 27600 Sarria.

Denominación: CT para ETAP de Sarria.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

• LMTS con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio anterior ao CT Dep. Aguas Sarria (27P861) existente propiedade do Concello de Sarria e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 80 metros de condutor tipo RHZ1-150.

• CT prefabricado tipo PF202, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 16 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo