Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2013/202-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avda. de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: reforma LMTA entroncamento Mirón.

Situación: Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110, con orixe no apoio nº 5 (propiedade de Unión Fenosa Distribución) e final no apoio nº 1, no cal se realizan dous pasos aero-subterráneos para conexión co centro de interconexión Mirón, no cal se instalán elementos de manobra e protección. A instalación está situada en Mirón, Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra