Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40752

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 20 de febreiro de 2013 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertido un erro na dita orde, publicada no DOG nº 40, do martes 26 de febreiro de 2013, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 5694, na Relación de adscricións a outras administracións públicas, incluída no anexo I, onde di: «A13 (IDEM) E ADMINISTRACIÓN LOCAL E ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA», debe dicir: «A13 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA».