Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40757

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de admitidos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información; do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas de información e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

Vistas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 30 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 5 de xuño), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos no concurso, para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia escala de sistemas e tecnoloxía da información, do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas de información e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

A lista de solicitantes admitidos atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén se pode consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función pública.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións que irán dirixidas a Dirección Xeral da Función Publica, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Os solicitantes que non figuren na relación de admitidos disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública