De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a Avelino Bastón Villar o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 11 de xullo de 2013, que fixa o prezo xusto do predio número 55 sito na Coruña relativo ao proxecto 01115, expediente 2011/002307, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01115, 5º treito da terceira rolda (parte dos sistemas xerais de viario VG-03 e VG-05 rústico). TM A Coruña.
Nº expediente: 2011/002307.
Persoa que hai que notificar: Avelino Bastón Villar.
Expropiante: Concello da Coruña.
Expropiado: Avelino Bastón Villar.
Beneficiario: Concello da Coruña.
Predio nº: 55.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 112.855,93 €.