Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de setembro de 2013 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente IU2/43/2012).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de xuño de 2013, unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/43/2012 a Jaime Gómez Pereira como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 4 de xaneiro de 2013, que ordenaba a demolición das obras de construción dunha edificación de tres plantas para usos residenciais en cinco niveis, cunha superficie total construída de 420 m2 de estrutura de formigón armado, cos forxados de teito de planta baixa, planta primeira e forxado de cuberta con formación de pendentes, promovidas polo interesado, na parcela con referencia catastral 36054C502002170000DE, no lugar dos Bravos, parroquia de Estás, no termo municipal de Tomiño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Trancorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística