Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dunha subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de nove (9) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe prioritario 3.3 (expediente 21/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, por el que se aprueba el texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración consistente na adquisición, montaxe e posta en funcionamento de nove (9) equipamentos de máquinas clasificadoras por tamaños, pesaxe e etiquetaxe de moluscos bivalvos para diversas lonxas pesqueiras de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19007

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 6 de xuño, BOE nº 144, do 17 de xuño e DOG nº 122, do 28 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 265.500,00 €, IVE (21 %): 55.755,00 €. Importe total: 321.255,00 €.

Valor estimado: 265.500,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 23 de agosto de 2013.

b) Adxudicataria: Envases de Galicia, S.A.

c) Importe: 282.610,02 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 23.9.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración (ao ter a oferta técnica mellor valorada e obter a maior puntuación no procedemento).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar