Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de xestión e evolución das ferramentas de monitorización e Backup, os sistemas de almacenamento e os servidores Unix do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde (AB-SER1-13-038).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 30.10.2013.

d) Número de expediente: AB-SER1-13-038.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión e evolución das ferramentas de monitorización e Backup, os sistemas de almacenamento e os servidores Unix do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72246000-1 e 72250000-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Solución para a prestación do servizo

0-30

Metodoloxía

0-10

Oferta de consultoría

0-5

Oferta de formación

0-5

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Calidade de servizo

0-5

Horas de consultoría

0-5

4. Valor estimado do contrato: 3.718.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.650.300,00 euros. Importe total: 1.996.863,00 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 5 e categoría d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, der ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 30.10.2013.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro (4) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24.9.2013.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % con fondos Feder, fondo Tecnolóxico 2007-2013.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos