Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 18 de setembro de 2013, da XefaturaTerritorial da Coruña, polo que se lles require documentación aos beneficiarios de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 76 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos interesados, requírense para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así, se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9).

A Coruña, 18 de setembro de 2013

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Gómez Cruz, José Antonio

76356189-F

2187/I/94

Oleiros

Renda 2011 do pai

Suspensión

Martínez Núñez, Sonia María

47352158-B

375/I/09

A Coruña

Nóminas 2012 e 2013 da interesada, nai e irmá

Suspensión

Piñeiro Feijoo, Sara

34935091-T

306/I/13

Ames

Ingresos da interesada, renda 2012 e padrón de convivencia

Suspensión

Pico Bouza, María Josefa

76394440-B

284/X/08

As Pontes de García Rodríguez

Ganancias patrimoniais da interesada e do seu cónxuxe

Suspensión

Varona Rey, Sofía

47361755-V

439/I/08

A Coruña

Inem da interesada, nóminas 2012 e 2013 da interesada e declaración anual

Suspensión