Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publican varias resolucións.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contras as cales poderá presentar reclamación previa no prazo de 30 días contados desde a data desta publicación, conforme o disposto na alínea s) do artigo 2 e o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 16 de setembro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Iago Suárez Vázquez.

DNI: 36121233-D.

Número de expediente: 36/00068-I/13.

Notificación: arquivamento do expediente por falecemento.

Nome e apelidos: Concepción Ximénez Escudero.

DNI: 38948545-T.

Número de expediente: 36/00502-X/12.

Notificación: caducidade do expediente por non achegar a documentación requirida.