Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha clínica veterinaria.

Vetbior, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para apertura dunha clínica veterinaria situada na rúa Mestre D. Manuel, 18-20 b-dª esquina rúa peonil. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 20 de agosto de 2013

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral