Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1146/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución con data do 31 de maio de 2013, dirixida a Luman Gas y Calefacción. Pódese interpor o oportuno recurso de reposición no prazo de tres días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Luman Gas y Calefacción, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2013

A secretaria xudicial