Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de setembro de 2013 pola que se dá traslado da incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/31/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do interesado.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 13 de agosto de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras de construción dunha edificación para usos residenciais no camiño de Sendeiro da Auga, barrio da Millarada, Vilar de Infesta, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Óscar González Pereira, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística