Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se resolve o recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador PO-EP 328/12, en materia de espectáculos públicos tramitados na provincia de Pontevedra.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do recurso de alzada que se relaciona no anexo, interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador PO-EP 328/12 aberto por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Data e sentido da resolución do recurso de alzada

PO-EP 328/12

Fernando Fernández Pidal

Dona Teresa, 5/Charino, 22

Pontevedra

La Juguetería

7.3.2013

Desestimatorio