Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 18 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas procedencias de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr um mercado de traballo igualitario, reguladas na Orde do 11 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril), relativa aos expedientes TR347H 2008/26-2 e TR347H 2008/97-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 18 de setembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347H 2008/26-2.

Nome: Raúl Chimeno Ribera.

DNI/NIF: 43700781-E.

Último enderezo coñecido: avda. de Galicia, 61-3º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a traballadora contratada ao abeiro desta orde por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5, –obrigas dos beneficiarios– da Orde do 11 de abril de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/97-2.

Nome: Raúl Chimeno Ribera.

DNI/NIF: 43700781-E.

Último enderezo coñecido: avda. de Galicia, 61-3º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a traballadora contratada ao abeiro desta orde por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5, –obrigas dos beneficiarios– da Orde do 11 de abril de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.