De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 24 de setembro de 2013
José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: E.S.LU-49/2012.
Interesado: Ángel José Fidalgo Abelenda.
Último enderezo coñecido: rúa Alfredo Brañas, 3-2º D, Lugo.
Acto de notificación: proposta de resolución do expediente sancionador.