Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2013, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción de ampliación de estrutura e beirarrúa no p.q. 0+160 da PO-250 Redondela, clave PO/08/079.06.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ao programa 512-B (Construción, conservación e explotación de estradas).

Con data do 8 de outubro de 2012 procédese á aprobación do proxecto de construción de ampliación de estrutura e beirarrúa no p.q. 0+160 da PO-250 Redondela, clave PO/08/079.06, aprobación feita pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Con data do 23 de maio de 2013 a Xunta de Galicia procedeu a declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para as mencionadas obras polo Decreto 81/2013, publicado no DOG nº 107, do 6 de xuño.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e os artigos 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Redondela.

Lugar: Multiusos da Xunqueira.

Data: 30 de outubro de 2013, das 10.00 ás 11.30 horas.

Do predio nº 1 ao derradeiro predio.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no concello de Redondela e no Servizo Provincial de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43, 1º, 36003 Pontevedra).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, e poden ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo de Infraestruturas do Departamento Territorial de Pontevedra, as alegacións que coiden pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 30 de setembro de 2013

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra