Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2013/187-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: r/ Virgen de la Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS Covelo CT agrupación escolar.

Situación: Covelo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene RHZ1 en 4 tramos:

1) 402 metros; orixe: apoio 4ESO1093 da LMT principal nº 4; final: CT proxectado agrupación escolar.

2) 177 metros: orixe: CT agrupación escolar; final: CT existente A Xaneira.

3) 358 metros; orixe: CT existente San Rosendo; final: CT existente Marbar.

4) 204 metros; orixe: CT existente Marbar; final: apoio 4ESO1093 da LMT principal nº 4.

Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400 V, situado nas proximidades do pavillón de Covelo. A LMTS discorre polo núcleo urbano de Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de agosto de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra