Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013122TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 5 de setembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013122TA-LU, incoado a Iván Marcos Lombardi.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Iván Marcos Lombardi o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9 de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbese tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 16 de setembro de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013122TA-LU.

Denunciado: Iván Marcos Lombardi.

NIF: 53781566E.

Último enderezo coñecido: r/ Cantarrana, núm. 2, portal 1, 27850 Viveiro (Lugo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).