Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40031

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (836/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 836/2011 por instancia de Miguel Villar Sánchez contra Visantel, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, nos cales recaeu providencia o 11.9.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Providencia do maxistrado xuíz Nicolás Emilio Pita Lloveres.

Na Coruña o once de setembro de dous mil trece.

Como dilixencias finais e con suspensión do prazo para ditar sentenza, acordo:

Que se poña á disposición das partes o escrito presentado pola letrada Cristina Gómez Lozano en representación de Miguel Villar Sánchez, nas oficinas deste xulgado co fin de que o máis axiña posible aleguen o que ao seu dereito conveña.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Así o acorda e asina a súa señoría e dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Visantel, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 17 de setembro de 2013

O secretario xudicial