Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 39988

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013 pola que se fai público o nomeamento de vogais suplentes do Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorio por Orde do 25 de setembro de 2013.

Mediante esta resolución faise público, para xeral coñecemento, que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 25 de setembro de 2013, vistas as propostas dos titulares, en virtude do establecido no artigo 19 dos estatutos do Instituto de Estudos do Territorio, ditou orde pola que se dispón:

– Deixar sen efecto os nomeamentos de Ramón Quiroga Limia e José Álvarez Robledo como vogais suplentes.

– Nomear como vogal suplente do director xeral de Administración Local, a José Norberto Uzal Tresandí, no Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorio, a Ana Purificación Otero Ferreiro, subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local.

– Nomear como vogal suplente do director xeral de Desenvolvemento Rural, a Antonio Crespo Iglesias, no Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorio, a Juan Carlos Maneiro Cadillo, secretario xeral do Mar.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2013

Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio