Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 9 de setembro de 2013, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación de apertura de expediente sancionador 037/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles as persoas que se citan a continuación as notificacións de aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 037/13.

Denunciado: Luis Prado Fontán.

Enderezo: lugar de Covas, Ratón, 9, Meaño (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto, para poder examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 9 de setembro de 2013

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra