Caxigueiro, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal de proxecto de construción de nave de ceba de xatos, esterqueira e almacén e construción de almacén de 91,12 m2, en Barbadelo-Sabenche-polígono 29, parcelas 390 e 383, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, e poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas.
Sarria, 12 de setembro de 2013
José Antonio García López
Alcalde