Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39839

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013 polo que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración e cooperación entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Instituto de Estudos do Territorio, e o Ministerio de Fomento, a través do Instituto Xeográfico Nacional, para a produción, actualización e intercambio de información xeográfica.

Sen achega económica

29.5.2013