Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, dos servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas -dous lotes- actuación cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no eixe 3, tema prioritario 72 (expediente 49/2013).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición do obxecto: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas (2 lotes).

c) División por lotes e número: si.

Lote 1: servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de profesionalidade.

Lote 2: servizos formativos para impartir cursos non regrados de mergullo profesional.

d) Prazo de execución:

Lote 1: oito meses desde o asinamento do contrato.

Lote 2: desde o día seguinte ao asinamento do contrato ata o 31.7.2014.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 80530000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1: importe neto: 609.440 € (exento de IVE).

Ano 2013: 149.490 € e ano 2014: 459.950 €.

Lote 2: importe neto: 129.589,15 € (exento de IVE).

Ano 2013: 37.470 € e ano 2014: 92.119,15 €.

Valor estimado: lote 1: 609.440 € e lote 2: 129.589,15 €.

5. Financiamento: fondos propios e Fondo Social Europeo, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE (en cada lote). Lote 1: 30.472,00 € e lote 2: 6.479,46 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas); 981 54 61 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19600

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar