Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente a través do Programa de desenvolvemento rural sustentable: eixe 1, actuación 1.22.-CA.3. (expediente PA 01/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 1/2013.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18640

2. Obxecto do contrato.

a) Servizo de formación en materia de prevención de riscos laborais en actividades do sector agrogandeiro e forestal, para o cal cómpre executar 36 accións formativas distribuídas en 5 lotes.

b) Lote 1: curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola. Manexo práctico do tractor e os seus apeiros. Lote 2: curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal. Manexo práctico de motoserra e rozadora. Lote 3: curso de prevención de riscos laborais en pequenas explotacións agrícolas. Lote 4: curso de prevención de riscos laborais en explotacións agrogandeiras. Lote 5: curso de prevención de riscos laborais en adegas e tarefas vitivinícolas.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 82, do 29 de abril de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 117.875,00 €. De conformidade co artigo 20. Un. 9º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, o servizo obxecto deste contrato está exento de IVE. O dito importe está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 50 % a través do Programa de desenvolvemento rural sustentable: eixe 1, actuación 1.22.-CA.3. Para o lote 1 vinte e un mil setenta e catro euros (21.074 €), para o lote 2 vinte e seis mil novecentos trinta e sete euros (26.937,00 €), para o lote 3 vinte e oito mil oitocentos sesenta e catro euros (28.864,00 €), para o lote 4 vinte e oito mil setecentos euros (28.700,00 €) e para o lote 5 doce mil trescentos euros (12.300,00 €).

5. Adxudicación e formalización dos contratos.

– Lote 1:

a) Data de axudicación: 5.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 9.9.2013.

c) Contratista: Consultora de Estudios Económicos y Sociales, S.L.

d) Importe da adxudicacion: 17.274,36 €, exento de IVE.

– Lote 2:

a) Data de adxudicación: 5.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 9.9.2013.

c) Contratista: Servicios Normativos Coruña, S.L.

d) Importe da adxudicación: 18.700,00 €, exento de IVE.

– Lote 3:

a) Data de adxudicación: 5.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 9.9.2013.

c) Contratista: Consultora de Estudios Económicos y Sociales, S.L.

d) Importe da adxudicación: 23.342,32 €, exento de IVE.

– Lote 4:

a) Data de adxudicación: 5.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 9.9.2013.

c) Contratista: Consultora de Estudios Económicos y Sociales, S.L.

d) Importe da adxudicación: 23.496,69 €, exento de IVE.

– Lote 5:

a) Data de adxudicación: 5.9.2013.

b) Data de formalización: 9.9.2013.

c) Contratista: Unións Agrarias-UPA.

d) Importe da adxudicación: 9.717,00 €, exento de IVE.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral