Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39732

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de porcino na Mera.

Rodrigo Trabazo Vázquez presentou neste concello solicitude de licenza para ampliación de explotación de porcino no lugar da Mera, na parcela denominada Largo, sita na parroquia de Silleda, con referencia catastral 36052K507106440000EG, con base no proxecto redactado por Carlos Dafonte Diéguez. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Todo isto para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 27 de setembro de 2013

Manuel Cuíña Fernández
Alcalde presidente